Photo de l'auteur

Xavier Queipo

Auteur de Papaventos

11+ oeuvres 32 utilisateurs 2 critiques 1 Favoris

A propos de l'auteur

Comprend les noms: Xavier Queipo

Crédit image: Xavier Queipo na Casa das Campás de Pontevedra presentando a súa novela "Extramunde" De Estevoaei - Obra propia, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=69934526

Œuvres de Xavier Queipo

Papaventos (2001) 12 exemplaires
Extramunde (2011) 5 exemplaires
Dragona (2007) 3 exemplaires
Contornos (1995) 1 exemplaire
Mundiños (1996) 1 exemplaire
Manual de instruccións (1999) 1 exemplaire
Os Ciclos do Bambu 1 exemplaire
La otra vida (2022) 1 exemplaire

Oeuvres associées

Typhon (1902) — Traducteur, quelques éditions825 exemplaires
Materia prima. Relatos contemporáneos (2002) — Auteur — 2 exemplaires

Étiqueté

Partage des connaissances

Il n’existe pas encore de données Common Knowledge pour cet auteur. Vous pouvez aider.

Membres

Critiques

O paso do noroeste, de Xavier Queipo
(daniglez escribe no seu blog: "A lei de Lem")

Xavier Queipo disimula moi mal que é biólogo. Nótase en moitas das súas Cartas marcadas e noutros dos seus títulos. Quede claro que non comento esta particularidade como cousa negativa. Pola contra, penso que isto é unha das cousas que fan interesantes o que escribe. Tamén se nota nesta novela de aventuras ambientada no século XVIII.

O paso don noroeste narra as aventuras do capitán Duchesnoy, escollido para acadar un fito inédito até o momento, que non é outro que atopar un paso polo noroeste até o estreito de Bering para chegar deste xeito ao océano Pacífico (1). O libro está narrado dende o punto de vista dun compilador, que proba de deixar constancia do que sucedeu. O inicio da narración, que describe unha Bruxelas supostamente cosmopolita pero lingüisticamente enfrontada (p.11), faime entrar nunha atmosfera de desacougo. Duchesnoy acepta con poucas matizacións o encargo, e con actitude profesional (diriamos hoxe) prepara o Epee e máis a tripulación. Moitos son os que opinan que a viaxe é unha tolería de éxito pouco probable, que consiste nunha empresa para espertar simpatía cara a unha coroa en horas baixas. Duchesnoy abandona a súa prometida sen moitos miramentos, sen sopesar as consecuencias dunha travesía tan longa na relación da parella. Nesta primeira parte o capitán non me resulta un personaxe admirable, e máis adiante, coa resposta dada ao malentendido cos nativos, até me parece cruel.

Pero a personalidade do capitán cambia ao longo da accidentada viaxe polas costas do Canadá. Ao cruzar o atlántico recibe novas instrucións que o obrigan a desviarse do seu obxectivo científico para atacar unha fortificación inglesa. Este detalle faime pensar en como as prioridades dos gobernos ás veces, e a pesar do contexto histórico diferente, teñen a mesmo orde. No medio dun tira e afrouxa de intereses, e en condicións climatolóxicas extremas, Duchesnoy ten que liderar e esporear á súa tripulación.

Un dos compoñentes desta é o naturalista Jean-Baptiste de Lille de Mirabeau, que abandonou os estudos de medicina polos mesmos motivos que outro naturalista famoso anos máis tarde (2), formouse como físico e por iso acada o cargo de científico do barco . Mirabeau é un dos elementos da contorna a Duchesnoy que modelan a evolución da súa actitude. O capitán admírao. “Non entendo como pode falar do noso planeta con tanta precisión e con tanto coñecemento quen só pode abranguer coa súa ollada unha porción ínfima parte da mesma” (p. 51), dirá sorprendido da sabedoría do vello. Mirabeau fai a viaxe máis interesante coas súas explicacións non só ao lector, se non tamén á tripulación (capitán incluído).

Malia todo, as diferenzas entre o naturalista e o capitán son notables. Este último é un home honesto, pero home dun tempo que está a sufrir moitos cambios (a revolución francesa). Mirabeau, en cambio, é home dos novos tempos, “fala da negación das verdades universais [...], que os mundos novos tiñan que ser vividos antes que explicados e, por suposto, antes de te-la capacidade moral de criticalos”. (p. 138-139). Estas diferenzas non son motivo de conflito entre eles, pero si subliñan o acantoamento que sofre Duchesnoy, que non reencontra o seu lugar na nova situación social e política, e que non ten o recibimento merecido.

1 Este fito é nestes días, aínda un fito imposible, ou case. Hai barcos que parece ser que xa poden atravesar unha banquisa de xeo delgada aínda que continua sen a axuda de barcos rompexeos. Desgraciadamente, parece ser que hai xente que xa está a refregar as mans coas posibilidades de que o cambio climático faga minguar a banquisa de xeo até o punto de ser navegable todo o ano.

2 Char les Darwin.
… (plus d'informations)
 
Signalé
daniglez | 1 autre critique | Oct 4, 2010 |
Traducción de "O paso de noroeste", originalmente publicada en gallego. Merece la pena.
 
Signalé
Adaxe | 1 autre critique | Mar 27, 2010 |

Prix et récompenses

Vous aimerez peut-être aussi

Auteurs associés

Statistiques

Œuvres
11
Aussi par
2
Membres
32
Popularité
#430,838
Évaluation
½ 3.7
Critiques
2
ISBN
17
Langues
5
Favoris
1