Photo de l'auteur
4 oeuvres 10 utilisateurs 1 Critiques

Œuvres de Carlos Callón

Étiqueté

Partage des connaissances

Il n’existe pas encore de données Common Knowledge pour cet auteur. Vous pouvez aider.

Membres

Critiques

Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.
Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.
Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á estabelecida por Michel Foucault para o século XIX.
Estas presentacións desenvólvense na semana en que se festexa en todo o mundo a semana do Orgullo gai e lésbico. Porque na semana do Orgullo é moi acaído coñecer as raíces do prexuízo.
De/from: http://www.soteloblancoedicions.com/ficha_libro.asp?IdLibro=900045&Tipo=0
… (plus d'informations)
 
Signalé
Biblioteca_LGBT | Jun 18, 2013 |

Statistiques

Œuvres
4
Membres
10
Popularité
#908,816
Évaluation
4.0
Critiques
1
ISBN
4
Langues
1